Thursday 02 de May de 2024

O Museo do Traxe acolle unha charla contra o acoso escolar


Organizada pola asociación Enfeitizados será impartida por M. Jesús Ferreiro, psicóloga e técnica en prevención contra o maltrato infantil

O vindeiro 19 de maio terá lugar unha charla sobre acoso escolar dirixida a todas as persoas interesadas. Serán no salón de actos do Museo do Traxe ás 19 horas e estará impartida por María Jesús Ferreiro Ramos, psicóloga, vogal da asociación Amino Galicia (Abuso e Maltrato Infantil No) e técnica de prevención contra o maltrato infantil ECPACT-FAPMI. A dita charla está organizada pola asociación local Enfeitizados. (https://www.facebook.com/enfeitizados)